Saltar ao contido principal

DOCUMENTACIÓN

 BUSCAMOS RECEITAS DE TARTAS

Co motivo do noso 25 aniversario e tamén o noso tema núcleo que nos envolve nun ambiente festivo este curso, os nenos decidiron que nun aniversario tan especial non pode faltar unha tarta.
Para poder elaborala necesitamos atopar unha receita ideal que sexa do gusto de todos. Con moi bo sabor de boca, non dubidan en ir a Biblio para ver si atopan libros de receitas.
Na sección de consulta atopan algúns libros sobre alimentos, postres....
Comezan a buscar...

                                                                            
                       
Levamos os libros para a clase para volver a utilizalos cando nos sexa necesarios.

 
Os nen@s ademáis colleron contos. Neste tema haberá que facer fincapé para saber distinguir entre un conto e un libro de información...Algúns deles opinan que un conto, nos relata historias que na maioría das veces son fantásticas e os libros de información nos contan cousas que son verdade para descubrir datos que non collecemos...




                              
Cos libros de alimentos, traballamos para elaborar a receita. De forma individual, pensan nos ingredientes que consideran axeitados para a elaboración da tarta.



                                                                                   


















   
Elaboran os primeiros bocetos do que serán os diseños para a creación da tarta.


            












Recopilan nunha lámina de forma individual, os utensilios que cren que necesitaremos.




                                
Necesitaremos: cucharas, rodillo, cuencos e unha báscula para pesar as cantidades, forno para cocela...
Xa están preparados algúns dos pasos importantes que debemos de ter en conta para a elaboración da nosa tarta. Conversamos sobre cales serán os ingredientes ideais para elaborar finalmente a nosa
tarta, tendo en conta ademáis as intolerancias alimentarias que teñen dous nenos na aula. Por consenso acordamos a seguinte receita...

             
Cada equipo e de forma cooperativa escribiu, con apoio gráfico , un dos pasos a seguir.Unha vez que estaba a receita completa se organizou o texto para logo posteriormente e de forma individual cada neno a decorarase o seu gusto para poder levar para a casa.


..........................................................................................................................................................


ETIQUETAMOS AS ÁRBORES DO NOSO PATIO.

Para poder ollar este proxecto feito pol@s nen@s de 2º E.P e os peques de 4 anos, pinchade no seguinte enlace


https://sites.google.com/site/educacioninfantil6rua/as-arbores-do-patio




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.    " PROPÓÑOVOS QUE CADA UN DE VÓS ELABOREDES, COA AXUDA DE PAPI E/OU MAMI, UN MENÚ EQUILIBRADO ONDE TEÑA QUE HABER ALGÚN PROCESO DE COCCIÓN (NA

FACENDO CAMIÑOS

No primero obradoiro de arte partimos da dramatización da historia da curtametraxe "Rita et cocodrile" (FIC Bueu 2019). Durante o proceso os nenos/as vivenciaron  e crearon liñas e camiños con diferentes materiais, finalizando coa elaboración dunha obra colectiva da corrente artística contemporánea Land-Art. Foi un agasallo dos nenos/as para os seus familiares que se elaborou e permaneceu, ata a intervención dos sucesivos grupos, no recentemente creado ESPAZO PARA FAMILIAS .