07/06/17

UNHA POESÍA, UNHA ESTRELA



Os nenos/ as de 5º visitaron a sección de poesía da nosa Biblioteca e elixiron un poema para recitarlle ao resto dos compañeiros/as. 




Partindo do visionado, na hora de ler, da curta editada por Kalandraka “La estrella alcanzar” realizamos unha sesión de recitado de poesía en galego.



Durante unha semana, nas horas de lectura que tiñan coa profe de música, practicaron o recitado por parellas e buscaron acompañamentos musicais apropiados para cada recitado.
Despois de dúas semanas de traballo celebramos a sesión de recitado na  Biblioteca para os nenos/as de 6º de Primaria.Despois de recitar o poema coa música elixida de fondo, os alumnos/as alcanzaban simbolicamente a súa estrela como o protagonista da curta e regalaban  aos rapaces de sexto unhas tarxetiñas máxicas, con frases célebres da historia da lectura para animalos a ler.

Ningún comentario:

Publicar un comentario