21/05/17

As bruxas, Roald Dalh

  Este foi un dos libros escollidos polos titores de 5º e 6º para fomentar a lectura en galego no alumnado para este trimestre.
   Pero non so nos quedamos coa súa divertida lectura, senón que buscamos información sobre Roald Dalh, un recoñecido escritor tanto en literatura adulta como en infantil, escritor de libros como Matilda, A maravillosa medicina de George, Iago e o pexego xigante, Charli e a fábrica de chocolate, O superraposo e moitos máis.

Tamén cada neno e nena escribiu un capítulo de continuación a historia de As bruxas que logo compartimos cos compañeiros/as.


  Finalmente a biblioroni serviunos como lugar para realizar unha tertulia e compartir impresións sobre a lectura e ver a súa adaptación ao cine A maldición das bruxas (Nicolas Roeg, 1990).

Ningún comentario:

Publicar un comentario