Saltar ao contido principal

Unha visita canina

  Como saberedes, os alumnos e alumnas de 5º e 6º teñen unha empresa cooperativa coa que fabricarán e venderán produtos elaborados por eles mesmos. Entre todos os socios decidiron que unha parte dos seus beneficios se adicaran a axudar a Protectora de animais do Morrazo. 


  Por iso, esta semana na Biblioroni, recibiron a visita de Lorena, a secretaria da protectora, Esther e Patri, dúas voluntarias e Pistacho, Pinto e Piru, tres cans preciosos.





   Contáronnos moitas cousas intersantes sobre o traballo da Protectora, o coidado dos animais, a responsabilidade que implica tomar a decisión de ter unha mascota e a importancia de adoptar. 

  Esta é a presentación que nos deixou Lorena:


  Tamén compartiron con nós uns vídeos sobre as instalacións e o traballo dos voluntarios: 






   Se queredes saber máis sobre a Protectora de animais do Morrazo, coñecer as suas actividades, colaborar con eles, adoptar ou simplemte poñervos en contacto, podedes facerlo a traves da súa web  ou do seu facebook.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A nosa Biblio de Aula

 Na aula de 1º, contamos cun espazo propio  adicado aos libros e contos. Un ambiente preparado que invita á calma, ás lecturas de maneira individual ou en grupo.  Os libros e contos da nosa Biblio de Aula proceden da Biblio de Roni. Deste xeito, dispoñemos de exemplares que imos renovando cada certo tempo para ofrecer variedade aos pequenos lectores. Ademáis hai lecturas que fan referencia a temáticas e propostas puntuais relacionadas cos  proxectos, cos intereses dos nenos e nenas.... Os nosos momentos lectores.........

PROPOSTAS DENDE O CONFINAMENTO

Neste tempo de confinamento na casa e dende as titorías intentamos propoñer aos nen@s actividades  que invitasen a creatividade, investigación, que fosen amenas e fomentasen as lecturas ...en moitos casos para compartir  tamén en familias. Unha titora de primaria, elexiu unha serie de contos para facerlle varias propostas que a continuación veredes como se desenvolveron. ERNESTO BO DÍA ( pincha neste enlace) para escoitar o audioconto.  " Ernesto queda conxelado. Imos xogar cos cambios de estado da auga: sólido, líquido e vapor  facendo un proceso na vosa casa" . A posta en marcha dos experimentos non se fixo esperar...                                                 Xeo derreténdose nunha tixola. A COCIÑA DE NOITE , de Maurice Sendak   é a seguinte proposta para poñer en marcha a nosas habilidades na cociña.    " PROPÓÑOVOS QUE CADA UN DE VÓS ELABOREDES, COA AXUDA DE PAPI E/OU MAMI, UN MENÚ EQUILIBRADO ONDE TEÑA QUE HABER ALGÚN PROCESO DE COCCIÓN (NA

FACENDO CAMIÑOS

No primero obradoiro de arte partimos da dramatización da historia da curtametraxe "Rita et cocodrile" (FIC Bueu 2019). Durante o proceso os nenos/as vivenciaron  e crearon liñas e camiños con diferentes materiais, finalizando coa elaboración dunha obra colectiva da corrente artística contemporánea Land-Art. Foi un agasallo dos nenos/as para os seus familiares que se elaborou e permaneceu, ata a intervención dos sucesivos grupos, no recentemente creado ESPAZO PARA FAMILIAS .