10/03/17

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

      Este mércores visitou a nosa biblio Paco Nogueiras. Nesta ocasión foron os alumnos/as de Educación Infantil os que asistiron á súa sesión de contacontos.


 Comezou cun libriño moi sinxelo pero que aos máis pequenos lles encanta que é PIÑEIRO, pertencente á colección Do berce á lúa da editorial Kalandraka.

                                                                                      
                       RENATO foi outro dos libros, pero Paco nolo contou dunha forma moi divertida!   
   Os outros dous contiños foron A árbore da escola e Míster Magnolia, tamén da editorial Kalandraka.




Paco Nogueiras, que tamén é músico, utilizou os seus instrumentos e nos ensinou algunhas cancións para cantar cos contos.

Pasámolo xenial!!


20/02/17

Celebramos o Día de Rosalía

Hoxe fixemos unha homenaxe a Rosalía de Castro, xa que o día 24 coincide coa celebración de Entroido.
Neste acto cada clase colocou as pezas que lle correspondían para formar entre todos un puzzle co retrato de Rosalía, arredor do cal cada neno/a pegou a súa rosa. Recitáronse poemas e despois todos xuntos bailamos a canción de Xan de Uxía do CD Rosalía Pequeniña.

31/01/17

12/12/16

Charla da Garda Civil sobre Seguridade en internet.

A Garda Civil falounos sobre o acoso escolar no colexio e a través da rede. Ó longo da charla contestou ás nosas dúbidas sobre o tema.

Este sarxento da Garda Civil de Cangas, especializdo no tema e con ampla experiencia en casos deste tipo, falounos dos perigos das redes sociais, o maltrato entre compañeiros, as vícitmas, os cómplices, os maltratadores que moitas veces tamén son víctimas  e sobre todo das actuacións ante estes casos.

11/12/16

Unha versión do conto "Siete ratones ciegos"



Os alumnos/as de 4 anos preparan un libro-xogo baseado no conto "Siete Ratones Ciegos" de Ed Young, traballado previamente na asemblea.
Buscamos imaxes de ratos para saber como é o seu corpo
Cada equipo elixe unha imaxe para ter de referencia

Cada neno/a debuxa o seu rato
Hai que fixarse ben nos detalles

Cada equipo ponse de acordo para elixir unha imaxe


10/12/16

Tertulia literaria 5º - 6º libro Maite Carranza

   Pedimos a colaboración do CEIP de Quintela para conseguir un exemplar para cada neno/a do libro de Maite Carranza “Queres se-lo mozo da miña irmá?”. Tra-la lectura do texto, os alumnos de 5º e 6º, contestaron individualmente ás seguintes cuestións que buscan a súa reflexión sobre o libro.